martes, 24 de junio de 2014

ACLARACIÓN TORNEO B

Antes de nada tedes que perdoar pola tardanza en contestar a aclaración das federadas en idade escolar na modalidade de fútbol sala. Dende o primeiro momento que decidimos organizar este torneo tiñamos dúas cousas claras: a primeira, que queríamos ser serios na organización para entre outras cousas poder esixir seriedade; e a segunda, queríamos separar as xogadoras federadas das que non o son, por eso hai dous torneos, ninguén queda sen xogar.

Nestes últimos días plantexousenos a dúbida das xogadoras de fútbol sala en idade escolar, dende a organización decidimos acudir a Federación Galega de Fútbol Sala, onde nos fixeron a seguinte aclaración (adxuntamos enlace - puntos 4.ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR E 5. ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA)

http://www.deporteescolargalego.com/adjuntos/documentacion/2013_2014/normativa.pdf

Resumindo, o que distingue a actividade deportiva escolar da federada é quen a ORGANIZA. A actividade deportiva federada é organizada polas distintas federacións ou delegación das mesmas, neste caso a de fútbol sala; e a actividade deportiva escolar é a Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración de entidades, asociacións ou clubes (como son os casos da Agrupación Deportiva a Mariña ou a Fundación Indecum na costa de lugo).

Dende a Federación Galega de Fútbol Sala, na categoría femenina, organizan a LIGA GALEGA CADETE FEMENINA e a LIGA GALEGA INFANTIL FEMENINA. Os equipos participantes nestas ligas son:
Liga Galega Cadete Femenina: ED Poio, A Ferveza FSF, Troula Betanzos FS, EDM Concello de Guitiriz, FSF VIVEIRO-AS21 e Pena Futbolista Sarria Futsal.

Liga Galega Infantil Femenina: ED Poio, Viaxes Amarelle FS, Efega Ribadeo FS, Cidade de As Burgas FS, H2O/Os Meigalles FSF, Cidade de Ourense e Fisober FSF.

Na Delegación de Lugo da Federación Galega de Fútbol Sala sólo organizan, en categoría femenina, a liga provincial senior.